musicas.mus.br

Letras de músicas - letra de música - letra da música - letras e cifras - letras traduzidas - letra traduzida - lyrics - paroles - lyric - canciones - FOLIADA - FUXAN OS VENTOS - música e letra

Utilize o abecedário abaixo para abrir as páginas de letras dos artistas

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

Foliada letra


Dinme que me hei de perdere,
por non calarlle a ninguén,
e o estar calado acabouse,
¡xa tempo lle era tamén!
Non quero berzas con unto,
nin nabizas con aceite,
nin quero muxi-la vaca,
e que outros beban o leite.
Un gato cun empresario
caíron xuntos nun pozo,
e como os dous tiñan uñas,
rabuñaronse o pescozo.
A educación vai pra adiante,
chega pra todos igoal.
Os nenos do campo dinlles:
¡Viva o traballo manual!
Os caciques ben prometen,
moito prometen e ben.
Con palabras de caciques,
a xente non se mantén.
Deixais que entre a craridade,
abride porta e balcón.
Acaba-la nosa noite,
e cousa de todos nós.
Pra gobernare iste mundo
fai falla moito carballo,
e nesta terra galega,
hai carballeiras a esgallo.
Eu que fun polo mundo a traballare,
eu diñeiro non trouxen, si un cantare,
un cantare que dice: "Non teñas medo,
desfagasola noite, que o día ven cedo".

Fuxan Os Ventos - Letras

top 30 músicas

©2003 - 2024 - musicas.mus.br